Comunicado do Comité Organizador do primeiro RallyMix A Gudiña 2014

27|09|14. Ante as declaracións de Manuel Ramos, candidato ás eleccións á presidencia da Federación Galega de Automobilismo (FGA) na revista Crono Motor -núm. 300, de outubro de 2014-, nas que afirma que pediu “por activa e por pasiva o recibo de abono de terse pagado o seguro da proba” I RallyMix A Gudiña, o comité organizador quere aclarar:

  1. O observador da proba, Manuel Ramos, tiña que asistir á primeira reunión dos comisarios deportivos, como é a súa obriga, ás 8:00 horas do día 3 de maio de 2014. A esta reunión asistiron os tres comisarios deportivos, o director de carreira, o xefe de comisarios técnicos, a secretaria da proba e o relacións cos participantes, coa ausencia do observador, o mesmo que nos imputa a irregularidade.
  2. Dito observador si asiste á reunión das 13:15 horas do mesmo día, non solicitando a ningún membro da organización o documento que, afirma, se lle negou, facendo só reiteradas desculpas da súa demora pola elevada temperatura do vehículo no que se desplazou á proba.
  3. O documento que, afirma, se lle negou, e agora emprega como calumnia manifesta, estaba exposto no taboleiro de anuncios, como é preceptivo, ao lado do autobús da FGA na saída do treito. Os participantes viron e comprobaron dito documento, e foi confirmado polos comisarios deportivos.
  4. A ningún membro do comité organizador lle foi requerido por parte do observador que se lle entregase o documento ao que fai alusión. Por iso, desde HC Competición pregámoslle que aclare publicamente a quen llo solicitou.
  5. A data de hoxe, e previa consulta do comité organizador na FGA, o mencionado observador aínda non presentou o preceptivo informe da proba, o que amosa o grao de implicación, profesionalidade e responsabilidade do agora candidato.
  6. Con personaxes como este, que basea o inicio da súa campaña eleitoral nunha flagrante mentira, só temos que dicir que non conte co voto da nosa escudería, que sacou adiante unha proba con humildade e ilusión iniciando un campionato dunha nova especialidade que consideramos de grande futuro.

Reunido o comité organizador da escudería HC Competición, queremos facer pública a nosa repulsa deste personaxe, que non demostra ningunha profesionalidade no cometido que ten asignado pola súa Federación. Tentaremos non volver a cruzarnos con xente coma el.

Para o coñecemento de todos, adxuntamos de seguido unha copia dos documentos oficiais expostos no seu día no taboleiro de anuncios da proba:

Póliza  recibo de prima HC

de Ahmed Bastida

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s